O Liceo cede un empate en Riazor ante o Noia (2-2)
O Liceo cede un empate en Riazor ante o Noia (2-2)
O equipo coruñés viu freada a súa serie de oito vitorias consecutivas
Na OK Liga, o Deportivo Liceo non puído sumar a súa novena vitoria consecutiva. O Noia foi un duro rival no Pazo dos Deportes de Riazor e o partido acabou con empate a dous.
A igualdade foi máxima. Non houbo goles ata ben avanzado o segundo tempo. Adriá Ballart puxo por diante os cataláns no minuto 38 do encontro. Pero pouco despois, o Liceo reaccionou e logrou darlle a volta ao marcador grazas a dous tantos de Álex Rodríguez. O segundo deles, favorecido pola posición de Bruno di Benedetto díante do porteiro visitante. A seis minutos do final, unha asistencia xenial de Jordi Bargalló foi aproveitada por Kyllian Gil para facer o dous a dous definitivo. E foi definitivo porque nos últimos segundos o Liceo desperdiciou ata tres ocasións para lograr o triunfo.
Non puído ser, pero os de Juan Copa seguirán de segundos con 43 puntos de 54 posibles.