Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Liceo ficha a Arnau Xaus, segundo máximo realizador da OK Liga

O Liceo ficha a Arnau Xaus, segundo máximo realizador da OK Liga

O de Pla do Penedès é a primeira fichaxe do próximo curso e unirase a Dava Torres, César Carballeira, Pablo Cancela, Bruno Saavedra, Martí Serra e Fabrizio Ciocale, que continúan da tempada anterior

G24.gal 18/06/2024 11:58 Última actualización 18/06/2024 12:04

O Liceo 2024-25 empeza a facer oficiais as fichaxes xa adiantadas. O primeiro é o de Arnau Xaus, dianteiro procedente do Calafell e que terminou a tempada como o segundo máximo realizador da OK Liga con 31 goles.

O catalán asina ata 2027, un síntoma máis de que o club está a facer un esforzo por facer un proxecto gañador e de futuro, pero tamén con estabilidade.

Xaus, de 27 anos e que coincidiu con César Carballeira e Dava Torres na selección española a pasada Copa das Nacións, debutou na máxima categoría da man do Noia. Despois tivo unha experiencia en Portugal, no Juventude de Viana, antes de recalar no Calafell en 2019.

Agora dá un paso máis na súa carreira e únese a un Liceo ao que espera achegar goles. Ademais dos 31 que achegou ao seu equipo en liga, se gue ata 43 entre todas as competicións.

O de Pla do Penedès é a primeira fichaxe do próximo curso e unirase a Dava Torres, César Carballeira, Pablo Cancela, Bruno Saavedra, Martí Serra e Fabrizio Ciocale, que continúan da tempada anterior. Serán baixa Tiago Rodrigues, Sito Ricart, Tomas Pereira e Guido Pellizzari.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos