O Liceo golea (7-2) e mantense na pelexa por chegar á final da OK Liga
O Liceo golea (7-2) e mantense na pelexa por chegar á final da OK Liga
Gañou o terceiro partido da serie grazas á gran actuación dos seus capitáns Dava Torres (3 goles) e Carballeira (2)
O Liceo mantense con vida na semifinal da OK Liga logo de golear o Noia por 7-2 e demostrar que pode plantarlle cara a un rival que fixera bo o factor pista nos dous primeiros encontros da eliminatoria.
Saíron os de Juan Copa dispostos a todo e moi cedo marcaron Dava Torres e César Carballeira, os líderes do cadro liceísta. O Noia recortou diferenzas pero no treito final da primeira parte Tombita puxo o 3-1. Xusto antes do descanso Jordi Bargalló deixou o partido no aire co 3-2.
O segundo tempo foi asoballador por parte do equipo liceísta. Comezou cun tanto de Sito Ricart e, a partires dese intre, os verdes pasáronlle por riba ao Noia. Dava Torres (2) e Carballeira redondearon un magnífico partido que vai dar azos para afrontar o cuarto envite, o vindeiro domingo.