Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Liceo pelexa ata o derradeiro segundo pero queda sen a Supercopa

O Liceo pelexa ata o derradeiro segundo pero queda sen a Supercopa

O primeiro título da temporada foi para o Barcelona (3-2)

G24.gal 24/09/2023 14:13

O primeiro título da temporada de hóckey a patíns foi para o Barcelona, que se impuxo ao Liceo por 3-2 nunha final moi equilibrada. De feito, adiantouse o equipo coruñés cun gol de Dava Torres. Remontou o Barcelona no primeiro tempo con goles de Marc Grau e do coruñés Ignacio Alabart. 

Ao pouco de principiar a segunda metade Pau Bargalló anotou o terceiro. Podía romper o partido o Barcelona, pero o equipo de Juan Copa mantívose firme e buscou recortar diferenzas. Ese gol de Sito Ricart chegou, pero un pouco tarde. Só quedaba un minuto para o asubío final. Gozou dunha ocasión o cadro liceísta pero Grau salvou a nove segundos do final un remate sobre a mesma liña de gol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos