O Liceo quere romper na Champions a serie de oito derrotas seguidas co Barcelona

Comeza a fase de grupos da máxima competición continental entre os dous finalistas da última OK Liga

G24.gal 29/11/2023 20:26

Este xoves arranca a fase de grupos da Liga de Campións no hóckey a patíns, e o Liceo volverá verse co Barcelona por terceira vez esta temporada. A última foi na pasada xornada de liga e o Barcelona goleu os coruñeses por 6 a 0 no Palau Blaugrana.

Ese será o mesmo escenario do partido de mañá, en que os de Juan Copa queren mellorar a imaxe dada no último duelo. O Liceo quere romper a mala xeira que leva contra o Barcelona, oito derrotas consecutivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos