O Liceo remonta para gañarlle ao Xirona (4-2)

O triunfo permite aos galegos manterse na parte alta da táboa, terceiros a catro puntos do líder, o Barcelona

Precisamente o Barcelona será o rival do Liceo a próxima semana

G24.gal 18/11/2023 20:07

O Liceo foi quen de levar un partido no que ambos equipos se puxeron por diante. Primeiro adiantáronse os galegos cun gol de David Torres Pastoriza, pero os cataláns conseguiron darlle a volta ao marcador con dous tantos en cinco minutos. Carballeira empataría antes do descanso, e na segunda metade ambos xogadores do Liceo repetiron para anotar primeiro Carballeira o 3-2, e logo Torres o 4-2 definitivo.

O Liceo aguanta o pulso unha semana máis e mete presión aos equipos que lideran a táboa, na próxima xornada verase as caras co líder, o Barcelona, en terras catalás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar