O Liceo salva un punto en Riazor diante do Calafell (4-4)
O Liceo salva un punto en Riazor diante do Calafell (4-4)
Dava Torres marcou o gol do empate cando máis difíciles estaban as cousas para os coruñeses
O Liceo salvou un punto diante do Calafell nun encontro que tivo moitas alternativas, no que os coruñeses foron por diante case todo o tempo pero que precisaron dun gol de Dava Torres para acadar o definitivo 4-4.
Non pasaran nin 30 segundos cando César Carballeira marcou o 1-0. Empatou Jordi Ferrer pero dous minutos máis tarde Pablo Cancela volvía a poñer por diante o equipo galego. E antes do lecer Arnau Xaus establecía un novo empate.
O segundo tempo volveu a comezar con forza. Sito Ricart anotaba o terceiro para o Liceo. E nun abrir e pechar de ollos o Calafell conseguira darlle a volta ao partido grazas a un lanzamento de Sergio Miras e o segundo gol na conta de Arnau Xaus. Quedaba tempo por diante pero pasaban os minutos e non chegaba o empate ata que Dava Torres atinou cun remate inverosímil.