Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Liceo viaxa a Italia buscando limpar na Champions os malos resultados da OK Liga

O Liceo viaxa a Italia buscando limpar na Champions os malos resultados da OK Liga

Afronta o dobre duelo diante do Forte dei Marmi coa necesidade de gañar ambos os dous partidos para ter opcións de meterse en cuartos

G24.gal 11/01/2024 12:47

Este xoves xoga o Liceo en Italia. Terceiro partido da fase de grupos da Champions visitando a pista do Forte dei Marmi, que é nestes momentos o líder da liga italiana. O Liceo conseguiu dúas derrotas nos partidos xogados co Barcelos e co Barcelona, ao igual que o rival desta semana co que terá o dobre enfrontamento de xeito consecutivo.

O que gañe os dous encontros terá opcións de meterse nos cuartos de final. Está difícil o paso á seguinte fase e chega o encontro nun momento de dificultade para o Liceo, que vive un ano de transición. Quedou demostrado na OK Liga onde non puido clasificarse para a Copa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos