Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Adif deixa fóra a variante do AVE por Cerdedo da súa estratexia a cinco anos

O Adif deixa fóra a variante do AVE por Cerdedo da súa estratexia a cinco anos

O alcalde de Vigo pide que se inicie canto antes a declaración de impacto ambiental.

G24.gal 02/12/2021 14:32

A última publicación do Ministerio de Transportes, coa súa estratexia futura en materia ferroviaria, deixa fóra a variante do AVE por Cerdedo.

O alcalde de Vigo pide que se inicie canto antes a declaración de impacto ambiental. Caballero trasladoullo á presidenta do Adif nunha reunión que mantiveron nas últimas horas. 

Para os cidadáns, trátase dunha infraestrutura prioritaria. 

A variente por Cerdedo acurtaría o tempo de viaxe ao evitar que os trens que saen de Vigo teñan que pasar por Santiago. Trátase dunha obra complexa: dos 54 quilómetros, 40 discorren por túneles e viadutos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade