Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Nápoles sobe a oferta e comeza a achegarse ás pretensións do Celta por Veiga

O Nápoles sobe a oferta e comeza a achegarse ás pretensións do Celta por Veiga

O campión italiano está agardando pechar operacións de saída para lanzar a proposta definitiva para levar o porriñés

G24.gal 09/08/2023 17:59

O serial Gabri Veiga semella estar chegando á súa fin. O Nápoles ten decidido que estea no seu proxecto da vindeira temporada e a súa última proposta está moi preto do que quere o Celta para permitiren que o xogador abandone o club. 

O equipo italiano ten que pechar operacións de saída (moi avanzadas). Ese será o momento no que se lancen a polo centrocampista celeste. Unha opción de presente e futuro vista con moi bos ollos polo campión italiano. 

O acordo con Gabri semella total. Chegaría a un dos equipos importantes da Serie A e coa posibilidade de xogar a Liga de Campións. O estilo do Nápoles pega moi ben coas cualidades de Veiga aínda que este ano cambiou de adestrador. Spalleti marchou malia gañar o Scudetto e no seu lugar chegou Rudi García. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade