Cargando resultados...
O novo centro de saúde de Moaña, que duplicará o espazo do actual, estará operativo en maio de 2025
O novo centro de saúde de Moaña, que duplicará o espazo do actual, estará operativo en maio de 2025
O conselleiro de Sanidade visitou as obras do edificio, que conta cun investimento da Xunta de 8,3 millóns de euros
G24.gal
17/09/2024 14:33
O novo centro de saúde de Moaña estará operativo en maio do ano que vén. É unha construción sostible que duplica o espazo do actual centro, e contará con oito consultas de medicina, seis de enfermería e dúas de pediatría, entre outras instalacións.
O conselleiro de Sanidade visitou as obras do edificio, que conta cun investimento da Xunta de 8,3 millóns de euros.
"Creo que vai ser un antes e despois na asistencia sanitaria deste municipio. É un edificio moderno, sostible, ecolóxico, que vai dar unha asistencia eficaz, e que sexa afable tanto para os pacientes como para os profesionais sanitarios", asegurou Gómez Caamaño.