Cargando resultados...
O Obradoiro afúndese na segunda metade e queda sen a Copa de España
O Obradoiro afúndese na segunda metade e queda sen a Copa de España
Os santiagueses caeron na final diante do anfitrión, o Burgos, por 69-97
G24.gal
25/01/2025 21:18
O San Pablo Burgos levou a primeira edición da Copa España de baloncesto. Derrotou na final ao Obradoiro, que se fundiu con estrépito nos útimos cinco minutos do terceiro cuarto. Ata daquela o partido foi igualado. Co 50 a 52 no marcador, e mediado ese terceiro tempo, desatouse a calidade do líder da Primeira FEB.
O Burgos logrou un parcial de 2 a 29 que deixou o partido completamente sentenciado. Os casteláns lograron 37 puntos nese decisivo cuarto. O Obradoiro quedou sen un título que ademais podería darlle a vantaxe de cancha nas eliminatorias polo ascenso.