Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro completa o mellor partido da temporada e métese na final da Copa España

O Obradoiro completa o mellor partido da temporada e métese na final da Copa España

Derrotou o Betis por un contundente 86-71

G24.gal 24/01/2025 19:19

O Obradoiro xogará a final da Copa España de baloncesto despois de derrotar o Betis por 86-71 no mellor partido da temporada. O equipo santiagués terá a posibilidade este domingo de gañar o primeiro título da temporada e acadar a vantaxe de campo en todas as eliminatorias para un hipotético play off de ascenso á ACB. 

O primeiro tempo do equipo santiagués foi perfecto. Conseguiu sacar unha boa vantaxe no treito final do primero cuarto (27-14) que consolidou ata o descanso amosando unha gran superioridade e cunhas porcentaxes moi boas no tiro exterior (51-30). 

O partido parecía controlado (60-40) mediado o terceiro cuarto pero o Betis conseguiu reaccionar. Da man de Hughes (5 triplas) achegou e cadro bético a só seis puntos (72-66) a menos de cinco minutos para o final. Non entraron os nervios no equipo de Félix Alonso que volver a irse ata os dez de vantaxe e acabou gañando dun xeito claro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar