Cargando resultados...
O Polvorín aprende a gañar como visitante (1-2)
O Polvorín aprende a gañar como visitante (1-2)
Triunfo moi importante o logrado no campo do Langreo, un rival directo ao que supera na pelexa por afastarse dos postos de perigo
G24.gal
05/11/2022 23:49
O Polvorín logrou a primeira vitoria da temporada como visitante no campo do Langreo (1-2). Triunfo de moito mérito do equipo dirixido por Roberto Trashorras que acadaron o gol do triunfo no minuto 87.
Dous equipos que comezaban a xornada en postos de descenso polo que o resultado ten dobre valor para o Polvorín. O recuperado Antonetti marcou o primeiro tanto. Empataría o local Davo desde o punto de penalti. No minuto 87 Xavi Domínguez marcou un gran gol co que o filial do Lugo acadou o segundo triunfo e xa suma dez puntos.