Cargando resultados...
O PP de Ferrol denuncia a falta de compromisos co tren entre a cidade e A Coruña na visita da ministra de Transportes
O PP de Ferrol denuncia a falta de compromisos co tren entre a cidade e A Coruña na visita da ministra de Transportes
Apelan á necesidade de modernización das liñas
G24.gal
21/01/2022 20:02
O grupo Popular de Ferrol di que a alta velocidade non chega a Ferrol "nin para conectarnos con esta rede, nin para modernizar as nosas liñas". Aseguran que as liñas están obsoletas e que necesitan "unha modernización inmediata".
O presidente do PP de Ferrol, José Manuel Rey Varela, lamentou que o Goberno central "se dedique a realizar actos propagandísticos na nosa cidade". Recordou tamén un estudo para a modernización da liña Ferrol- A Coruña e que esa inversión "desapareceu dos Orzamentos Xerais".