Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing de Ferrol-Deportivo do 29 de marzo, declarado de alto risco

O Rácing de Ferrol-Deportivo do 29 de marzo, declarado de alto risco

A cita ligueira comezará ás 16:15 horas no estadio ferrolán da Malata

G24.gal 07/03/2025 17:18 Última actualización 07/03/2025 17:21

A Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte anunciou este venres a declaración do partido entre Rácing de Ferrol e Deportivo, fixado para o 29 de marzo, como encontro de alto risco.

O departamento público comunicou esta decisión tras unha reunión da súa Comisión Permanente, unha medida que afecta a un duelo enmarcado na xornada 33 de Segunda División.

A cita ligueira comezará ás 16:15 horas no estadio ferrolán da Malata, que acollerá un enfrontamento de rivalidade entre os dous equipos galegos que militan na categoría de prata do fútbol masculino español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos