Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Racing recibe ao Mirandés con cambios obrigados no equipo

O Racing recibe ao Mirandés con cambios obrigados no equipo

Cristóbal: "Temos que mellorar de cara ao gol"

"Se non contamos coas lesións, temos un bo equipo para aspirar aos nosos obxectivos"

G24.gal 07/09/2024 14:08

O Racing volve xogar mañá na Malata. Será ante o Mirandés a partir das dúas da tarde. Pero xa non vai poder facelo co mesmo equipo. Por primeira vez na temporada, Cristóbal ten que modificar o once titular. Así o esixe a lesión de Aitor Buñuel. As novas incorporacións, Bebé e Correa, entran na convocatoria. Tamén Álvaro Giménez, tras marchar mancado de Riazor. 

Cristóbal compareceu en sala de prensa para afirmar que, sen contar as lesións, ten un bo equipo co que aspirar aos obxectivos da temporada. Valora a experiencia dos seus futbolistas. Tamén indicou que a súa preocupación céntrase en mellorar o aspecto ofensivo nos partidos vindeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos