Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing sacúdese o dominio do Éibar, pero suma un punto insuficiente na Malata (0-0)

O Rácing sacúdese o dominio do Éibar, pero suma un punto insuficiente na Malata (0-0)

O cadro departamental mellorou na segunda metade, pero segue acusando a falta de pegada

G24.gal 15/03/2025 16:08

O Rácing sobreviviu ao asedio do Eibar, sobre todo na primeira metade, pero sumou un empate sen goles que non lle permite tomar impulso na loita pola permanencia. O cadro de Menéndez segue sen ver porta, non rematou entre os paus, pero alomenso sumou unha portería a cero que lle axuda a ser optimista. 

O partido comezou cun aviso do Éibar, cun remate desde a frontal da área pequena que marchou moi cruzado á dereita de Yoel. Tamén á dereita, pero batendo no pau, culminou o segudo remate, desta volta de Bautista no minuto 8. O Rácing intentaba sacudir o dominio armeiro, pero Bautista volveu asustar nunha contra que rematou ben preto da escadra no minuto 17.

O primeiro aviso racinguista chegou nas botas de Eneko Jáuregi, nunha reviravolta que marchou preto do pau. Pero Corpas respondeu axiña cun movemento na media lúa que non puido culminar cun bo remate. E tampouco atopou portería Alkain, despois dunha gran acción individual. O Rácing aguantaba, e tamén tivo as súas ocasións, como un remate lonxano de Señé, pero o Eibar volveu meter o medo no corpo aos siareiros da Malata cunha acción que rematou na rede, pero que foi anulada por fóra de xogo antes do descanso.

O dominio dos armeiros continuou tras o descanso, pero o Rácing desbarataba as opcións de gol do cadro visitante. Co paso dos minutos, o partido foise igualando, e o Rácing tampouco renunciou a achgarse á área rival, pero sen gozar de ocasións claras. No minuto 89, un roubo dos vascos desembocou nun ataque que puido ser decisivo, pero Yoel respondeu cun paradón á cabezada de Javi Martínez. As últimas opcións tívoas o equipo galego, en senllos saques dende o curruncho nos que tampouco puido rematar entre os paus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos