Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing, superado polo Granada nos Cármenes (3-0)

O Racing, superado polo Granada nos Cármenes (3-0)

O conxunto granadino dominou con solvencia e plasmou o seu mellor xogo cos goles de Manu Lama e Rubén Sánchez

O cadro ferrolán segue afundido a catorce puntos da permanencia

G24.gal 09/03/2025 22:55

O Racing apañou a sexta derrota consecutiva nos Cármenes, que o deixa a catorce puntos da salvación e cada vez con menos marxe de manobra. O Granada de Escribá limitouse a agardar o seu momento de afondar nas feridas racinguistas, e este chegou superada a media hora da primeira metade. Logo dun remate de Lucas Boyé ao lateral da rede e doutro de Manu Lama ao que respondeu Yoel cun paradón, o propio Manu Lama abría a conta á saída do córner.

E non houbo reacción do cadro de Menéndez. Porque, só cinco minutos despois, Rubén Sánchez asinaba o 2-0 que deixaba contra as cordas o equipo galego.

Tras o paso polos vestiarios, o Racing buscou a reacción, e creou ocasións. A máis clara, un remate de Dorrio que marchaba fóra por pouco. Pero o equipo está nunha desas fases en que todo sae do revés e, á primeira que tivo o Granada á contra, Tsitaishvili facía o 3-0. Aínda así, Dorrio volveu insistir e topou desta volta con Diego Mariño nun claro remate.

Os minutos pasaron, co Racing incapaz de danar o seu rival.

A derrota é a sexta consecutiva para un equipo que non atopa solucións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos