Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing visita o Granada a 14 puntos da salvación

O Rácing visita o Granada a 14 puntos da salvación

Menéndez segue a confiar na reacción do seu equipo antes de viaxar a terras andaluzas para xogar mañá (21:00 h)

G24.gal 08/03/2025 13:22

O Rácing de Ferrol ten a salvación a catorce puntos. A derrota ante o Burgos desta semana marca un antes e un despois. 

O equipo non baixa os brazos. Pero a vitoria do Burgos na Malata non despexa un horizonte que presaxia os nubarróns do descenso. A afección xa non cala. E mañá, tras cinco derrotas seguidas, toca visitar ó Granada. Será no difícil campo dos Cármenes, no encontro que pecha o domingo futbolístico.

Antes do partido, Menéndez segue a defender a gran mellora dos seus desde a súa chegada: "Ir mellorando e seguir perdendo pesa moito. Neste mes e medio, no xogo melloramos moito", defendía o técnico antes de viaxar a terras andaluzas.

Menéndez ve claras as carencias: "O principal problema é o gol, na contra e tamén a favor. A clave será saír moi ben os primeiros 10-12 minutos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos