O Sergas detecta na Coruña os primeiros casos da variante delta plus en Galicia
O Sergas detecta na Coruña os primeiros casos da variante delta plus en Galicia
Sanidade constata un aumento de casos que non está a repercutir nas hospitalizacións
Ourense, a área sanitaria que rexistra un maior aumento de casos na última semana
O Servizo Galego de Saúde detectou na Coruña os tres primeiros casos do variante delta da covid-19, concretamente en dous cidadáns chegados de Bélxica e un de Italia. Así o avanzou este venres o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na conferencia de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno.
A delta plus é unha variante "que ten entre un 12 e un 15 por cento máis de capacidade contaxiosa", polo que, tal e como advertiu, aínda se "descoñece a resposta ás vacinas" administradas ata agora. "É a variante que máis preocupa nestes momentos", recoñeceu Feijóo.
Na súa intervención sinalou, con todo, que o 93,2 % da poboación galega ten xa dúas doses da vacina e insistiu en que a pesar dunha alza nos últimos días, un 20 % máis de casos nunha semana, Galicia é a única comunidade cuxos indicadores a sitúan na nova normalidade.
Núñez Feijóo informou de que xa concluíu a inoculación da terceira dose entre o persoal das residencias de maiores e anunciou que o 99 % das persoas maiores de 80 anos que acudiron á cita para unha terceira dose accederon a poñerse a vacina contra a gripe.
A mediados de novembro, ademais de vacinar os inoculados con Janssen, a Xunta prevé iniciar tamén o reforzo da terceira dose para o grupo de entre 70 e 79 anos.
O presidente galego ha advertido de que o virus da covid-19 non desapareceu, polo que fixo un chamamento para "extremar a prudencia", máis agora que se achega o inverno, dixo, e haberá que convivir máis en interiores e co virus da gripe.
Esta tendencia ao aumento dos casos rexistrados non está tendo polo de agora repercusión nos ingresos hospitalarios. E no Sergas non contan que haxa haber problemas nese sentido.
Gromos familiares disparan os casos na provincia de Ourense
Un de cada tres contaxios novos estanse producindo na área sanitaria de Ourense. Foi a que mellorou antes durante a quinta onda da pandemia, pero agora acaba de dobrar os casos nos últimos sete días.
Débese a varios gromos que fan que un de cada tres novos contaxios se produzan na área sanitaria de Ourense. O Sergas está especialmento atento á evolución dos detectados nas comarcas da capital e do Carballiño. Din que se trata de casos esperados; a maioría, de carácter familiar, con orixe noutras provincias de España e no estranxeiro.
Dende Sanidade están facendo unha vixilancia activa para buscar máis casos e poder cortar así a transmisión. Piden moita prudencia para que os casos non sigan aumentando.