O vigués Stefan Bajcetic perde o que resta de temporada por lesión
O vigués Stefan Bajcetic perde o que resta de temporada por lesión
Klopp confirmou que sufrira un problema muscular no abdutor por stress
Stefan Bajcetic, centrocampista vigués do Liverpool, perderá o que resta de tempada por unha lesión muscular.
Bajcetic, de 18 anos, converteuse nun habitual das aliñacións de Jürgen Klopp e disputou 19 partidos cos reds esta campaña.
"Desafortunadamente, sufrín unha lesión que me vai ter fóra o que queda de tempada. É moi triste dicir adeus a esta tempada tan incrible para min, pero entendo que é parte do fútbol e que me fará máis forte física e mentalmente", dixo nas súas redes sociais.
O vigués quedou fóra da convocatoria do Liverpool para medirse ao Real Madrid no Santiago Bernabéu e Klopp confirmou que sufrira un problema muscular no abdutor por stress. O Liverpool, xa eliminado da Champions League e das dúas copas domésticas, só pode pelexar polo cuarto posto da Premier League no que queda de tempada.