Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Vilalbés entra con bo pé na Segunda Federación (1-3)

O Vilalbés entra con bo pé na Segunda Federación (1-3)

Álex Pérez, Christian e Pablo Rey marcaron os goles dos chairegos

G24.gal 03/09/2023 14:39

O Racing Vilalbés non puido ter mellor estrea na Segunda Federación. Gañou por 1-3 no campo do Requexón diante do filial do Real Oviedo. 

Chegaba como cincenta da categoría, pero pronto demostrou o equipo de Simón Lamas que non vén de paseo. Álex Pérez marcou o primeiro gol e Christian, antes do descanso, puxo o segundo dos chairegos. 

Na segunda parte o equipo local tirou proveito dun claro erro arbitral. Un penalti inexistente foi transformado por Santi Miguélez. Pero no 66 Pablo Rey lanzou unha falta que petou na barreira e acabou na rede. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos