Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Vilalbés non sae do bache e queda un punto por riba da promoción de descenso

O Vilalbés non sae do bache e queda un punto por riba da promoción de descenso

Perdeu ante o Marino de Luanco por 2-0

G24.gal 05/02/2024 00:11

Momento complicado da temporada para o Racing Vilalbés, derrotado por 2-0 no campo do Marino de Luanco (terceira derrota consecutiva), que perdeu boa parte da marxe gañada na primeira volta cos postos de descenso. Aínda mantén cinco puntos co descenso directo, pero a promoción queda agora a un só punto. 

Non foi unha boa tarde dos chairegos, que viron como o seu rival se adiantaba moi cedo cun gol de Miguel Cuesta. As mellores opcións do partido foron para un Marino que tamén sabía da importancia do partido. Ao pouco de comezar a segunda parte, o veterano Alberto Lora transformou un penalti e puxo o definitivo 2-0. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos