Sanidade non descarta tomar novas medidas ante o aumento de casos
Sanidade non descarta tomar novas medidas ante o aumento de casos
Aumenta a presión hospitalaria en Galicia: hai máis de 50 persoas ingresadas
A Coruña é a área sanitaria que ten un maior número de casos activos
A incidencia en Allariz supera xa os 500 casos por cada 100.000 habitantes
A Coruña é a área sanitaria que ten un maior número de casos activos de coronavirus, en total 317. Tamén é onde hai máis hospitalizados: quince persoas están ingresadas agora mesmo nos hospitais da Coruña. A tendencia da transmisión é á alza.
O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña dixo que preocupa que, igual que pasou noutras vagas, os incrementos nas áreas sanitarias da Coruña e Ourense anticipen o que pode pasar no resto de Galicia nas vindeiras semanas.
Comesaña dixo que, polo de agora, non se van tomar medidas extra para frear os contaxios, pero avisou de que o comité clínico permanece vixiante.