Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os galegos da ACB queren coller ritmo de vitorias

Os galegos da ACB queren coller ritmo de vitorias

O Breogán visita Palencia ás 18:00 h á busca do segundo triunfo da temporada

O Obradoiro quere a terceira diante do Xirona (20:45 h)

G24.gal 21/10/2023 14:40

O EuroBreogán afronta as seis en Palencia o seu terceiro partido en seis días co obxectivo de sumar a segunda vitoria na Liga.

Tarefa complicada para os lucenses polas lesións de tres xogadores fundamentais. Malia todo, o seu técnico Veljko Mrsic, tras a brillante estrea continental, prefire poñer o foco máis na motivación que no cansazo: "Cada partido é unha festa que debe sacar o mellor rendemento dos xogadores, especialmente cando se xoga nuns ambientes como o de Palencia ou o de Lugo, esquéceste do cansazo".

Enfronte terá un rival que aínda non gañou, pero que na súa cancha está a amosar un gran rendemento con derrotas axustadas ante o Barcelona e o Joventut. "Non nos engana a súa situación actual na clasificación. Iso seguro", indica Mrsic.

Mentres tanto, as nove menos cuarto, o Obradoiro vístese de gala para recibir un Xirona que comezou a Liga con tres vitorias, pero que perdeu os dous últimos encontros.

Os santiagueses, que contarán coa baixa de Washington e a dúbida de Howard, buscan resarcirse da dura derrota sufrida a semana pasada en Andorra: "Eles están desexando volver xogar para sacarse esa mala sensación, non?, pregúntase Moncho Fernández. O técnico desmente que a falta de acerto no tiro nos últimos cuartos se deba a motivos físicos: "Vénme á cabeza o partido de Valencia onde volvemos o partido grazas ao tiro exterior no derradeiro cuarto. Entón este tipo de valoracións creo que son un pouco lixeiras".

Lucenses e composteláns contan con volver a cantar vitoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos