Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os galegos pechan a primeira volta da ACB buscando fuxir do descenso

Os galegos pechan a primeira volta da ACB buscando fuxir do descenso

O Breogán recibe mañá o Granada no Pazo (12:30 h)

O Obradoiro visita o Palau pola tarde (17:00 h)

G24.gal 06/01/2024 13:45

Xornada 17 na ACB, novo capítulo para os nosos na loita para evitar a queima. Primeiro con cita para o Breogán. Na mañá deste domingo recibe o Granada, un rival directo. 

Un Breogán que vén de perder en Turquía e na Liga con Gran Canaria, pero que coa recuperación de Nakic e de Sergi García e coa fichaxe de McLemore apunta alto. Por iso o recado que Mrsic pros afeccionados. 

Os de Lugo son penúltimos con só dúas vitorias. Dúas máis ten o Obradoiro que xogará unhas horas despois no Palau. Difícil papeleta ante o Barça a que chega o Obra logo de caer ante Murcia. 

Barça-Obradoiro, coa lembranza de hai 11 anos, da única vitoria do Obra alí. E daquel inesquecible tempo morto de Moncho... Consello válido daquela e válido hoxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade