Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os partidos franceses fan fronte común contra a ultradereita

Os partidos franceses fan fronte común contra a ultradereita

Renuncian máis de 200 candidatos de distintos partidos para evitar a dispersión do voto

A representante da extrema dereita, Marine Le Pen, e o actual presidente, o liberal Emmanuel Macron A representante da extrema dereita, Marine Le Pen, e o actual presidente, o liberal Emmanuel Macron
G24.gal 02/07/2024 18:47

Máis de douscentos candidatos de diversos partidos renunciaron a participar na segunda volta das eleccións francesas do domingo para impedir a dispersión do voto e evitar que a ultradereitista Agrupación Nacional consiga a maioría absoluta.

O prazo para formalizar as candidaturas concluíu ás 18:00 deste martes, e ao termo do prazo rexistráronse 218 renuncias, o que reduce a 91 as competicións con tres candidatos nas 502 circunscricións que se deciden o domingo, así como outras dúas con catro candidatos.

A gran maioría das renuncias foron de candidatos de Xuntos pola República, a alianza de centrodereita do presidente Emmanuel Macron, e da Nova Fronte Popular (NFP) de esquerda, co fin de deixar só un rival fronte ao aspirante ultradereitista ao escano en cada unha desas circunscricións.

Polo menos 130 renuncias proceden de candidatos da esquerda, 82 do campo macronista, 2 da dereita tradicional e 3 do RN (estes últimos para apoiar a un candidato afín mellor colocado).

O obxectivo das renuncias é que o RN non alcance a maioría absoluta (289 deputados) na segunda volta, despois de que na primeira volta do pasado domingo a formación ultradereitista e os seus aliados lograsen unha histórica vitoria co 33,15 % dos votos.

O peche do prazo de presentación de candidaturas chegou tras dous días moi intensos de conversacións, con reproches incluídos, xa que varias destacadas figuras do sector máis dereitista do macronismo (como o exprimeiro ministro Édouard Philippe ou o titular de Economía, Bruno Lle Maire) resistíanse a facilitar a vitoria de candidatos da Francia Insumisa (LFI) de Jean-Luc Mélenchon.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade