Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os seareiros do Málaga provocan incidentes nas rúas da Coruña

Os seareiros do Málaga provocan incidentes nas rúas da Coruña

Un grupo de afeccionados que chegou para ver o partido entre o Deportivo e o Málaga desfixo un bar e tivo que ser freado polas forzas de seguridade

G24.gal 06/10/2024 09:52

As horas previas do Deportivo-Málaga (domingo, 14:00 horas) tinguíronse de incidentes provocados polos afeccionados que chegaron desde a cidade andaluza. Un grupo de seareiros esnaquizou un bar e percorreu as rúas da Coruña provocando incidentes. 

O Deportivo reaccionou emitindo un comunicado no que "amosa a máis firme repulsa e condena os actos vandálicos que se produciron esta noite na Coruña. O club fará todo o posible para perseguir os responsables dos mesmos. O fútbol é un deporte que promove o entendemento entre as afeccións e a cidade da Coruña e os seus seareiros merecen un respecto". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade