Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños do Baixo Miño tiveron luz cinco horas despois que os seus veciños portugueses

Os veciños do Baixo Miño tiveron luz cinco horas despois que os seus veciños portugueses

As consecuencias do apagamento foron menores en Tui, que vivía unha xornada festiva

Algúns establecementos fiaron cartos ao non poder efectuar pagos con tarxeta

G24.gal 29/04/2025 14:38

Moitos tardaron en decatarse do apagamento no Baixo Miño, en parte porque era xornada festiva en Tui. Algúns establecementos tardaron hoxe en subir as reixas, e nos supermercados non cundiu o pánico. O rural viviu con calma a xornada, e tamén o día despois.

A xente non aprecia tensión nos supermercados como nos días da pandemia.Tema de carnes e iso falta algo, porque ía mercar e non había.

No lugar de Carragal, en Tomiño, non chegou a luz ata as cinco da mañá. Pola noite miraban con envexa como os veciños portugueses arranxaran o problema horas antes.

"Eu creo que eran sobre as cinco da mañá. Dende a nosa casa vese Portugal e alí ás doce e pico xa había luz", conta unha veciña.

Hai lugares en que o apagamento resultou especialmente duro, como no tanatorio de Guillarei. Como relatou Ricardo Augusto Sierra, de Pompas Fúnebres Baixo Miño, "quedamos sen luz, sen Internet. Tiñamos un velorio e quedamos ás escuras, mais que a candeas".

A boa relación veciñal púxose unha vez máis de manifesto no rural do Baixo Miño, en que os negocios tiveron que fiar cartos ante a imposibilidade de pagar con tarxeta. Iso fixo a farmacéutica María Luisa González, que recibiu algún veciño que outro "algunha emerxencia que necesitaba para unha dor de moas ou cousas así, atendémolos a todos. Non puidemos cobrarlles a moitos porque non sabiamos o prezo, pero é xente do barrio que seguramente volve".

E como nos vellos tempos, un caderno e un bolígrafo resultaron máis prácticos ca as novas tecnoloxías. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade