Publicador de contidos
Publicador de contidos

Palestina e varios países árabes agradécenlle a España o recoñecemento como Estado

Palestina e varios países árabes agradécenlle a España o recoñecemento como Estado

Pedro Sánchez reuniuse na Moncloa co primeiro ministro palestino e con varios titulares de Exteriores de países árabes

Os partidos de esquerda critican a reunión que mantivo Santiago Abascal con Benjamin Netanyahu en Israel

G24.gal 29/05/2024 14:56 Última actualización 29/05/2024 16:42

Un día despois do recoñecemento do Estado palestino, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, recibiu na Moncloa o seu primeiro ministro, Mohamed Mustafa.

Ao encontro tamén asistiron os ministros de exteriores de Qatar, Xordania, Arabia Saudita e Turquía, que quixeron darlle as grazas a España "por dar esperanza nun tempo moi escuro". Aseguran que o noso país se situou "no lado correcto da historia" e fan un chamamento para que outros países europeos recoñezan Palestina.

Para José Manuel Albares, ministro de Asuntos Exteriores, "é vital actuar, e actuar xa, agora". Na súa opinión, estase abrindo "unha nova etapa baseada no recoñecemento das lexítimas aspiracións nacionais de palestinos e israelís, que deben convivir en paz e seguridade".

Outro encontro suscitou controversia, o do líder de Vox co primeiro ministro israelí en Xerusalén. Santiago Abascal amosoulle a Netanyahu o seu apoio e prometeulle que reverterá o recoñecemento do Estado palestino se chega a presidente. En España, os seus compañeiros de filas defenden a reunión fronte ás críticas dos partidos de esquerda. 

Para a líder de Sumar, Yolanda Díaz, esa foto "vainos perseguir toda a súa vida". Segundo Óscar Puente, ministro socialista de Transportes, é "unha provocación absoluta". O voceiro de ERC, Gabriel Rufián, considera que, Santiago Abascal, "con tal de non traballar apúntase a un bombardeo, nunca mellor dito".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade