Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión provisional para o condutor do bus accidentado en Francia tras dar positivo en cocaína

Prisión provisional para o condutor do bus accidentado en Francia tras dar positivo en cocaína

 O autobús circulaba co tacógrafo desactivado no momento do accidente

 

G24.gal 07/12/2024 11:28 Última actualización 07/12/2024 11:56

A Fiscalía de Marsella decretou prisión provisional para o condutor do bus accidentado o pasado domingo pola tarde en Portei-Puymorens, Francia, despois de que dera positivo en cocaína. Ademais o autobús circulaba  co seu tacógrafo, o dispositivo utilizado para rexistrar a velocidade e os tempos de condución, desactivado.

O autobús, que saíra de L'Hospitalet de Llobregat ,Barcelona, levaba o tacógrafo desactivado. Segundo informa a Fiscalía de Marsella nun comunicado, as primeiras investigacións da policía acreditan que o condutor de 50 anos deu positivo en benzoilecgonina (BZE), o principal metabolito da cocaína, o que suxire que o condutor consumira cocaína nalgún momento próximo ao accidente.

Engade o comunicado que o autocar, utilizado habitualmente polo este condutor, permanecera circulando na estrada a pesar de non ser sometido á inspección técnica obrigatoria. Por iso a Generalitat abriu expediente á empresa Chavi Circuítos, que está liquidada desde o pasado setembro tras un concurso de acredores.

A Fiscalía acusa ao condutor de homicidio involuntario e lesións involuntarias con incapacidade laboral total inferior a 3 meses, agravado pola "violación deliberada" do seu deber particular como condutor de primar a prudencia e a seguridade dos pasaxeiros e polo uso de estupefacientes.

A investigación tamén traballa coa hipótese dun fallo mecánico do vehículo, en particular do sistema de freado, antes de saír de Pas da Casa, en Andorra, para emprender a viaxe de regreso a Barcelona, polo que pouco antes do accidente xa experimentara un incidente mecánico.

O autobús saíu de L'Hospitalet de Llobregat o domingo e accidentouse en Portei-Puymorens, en Francia, con 49 viaxeiros, incluído o condutor, dos cales 32 tiñan nacionalidade colombiana.

No sinistro morreron dúas persoas, Luisa Fernanda Escobar Castillo, de 24 anos, e Claudia Patricia Palacio Mejía, de 45, de nacionalidade colombiana. Dos 49 pasaxeiros que ían no autocar, 41 foron ingresados en hospitais de España e Francia polas lesións de diversa consideración que sufriron. Media ducia permanecen aínda en centros sanitarios, a pesar de que non se teme pola vida de ningunha.

As vítimas do accidente intentan organizarse para reclamar á empresa do condutor por este sinistro; estudan facelo contra a persoa que organizou esta excursión a Andorra, unha muller de nacionalidade colombiana que tamén quedou gravemente ferida no accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade