Rafa Benítez: "É moi cedo para falar de gañar a Copa ou de ir a Europa"
Rafa Benítez: "É moi cedo para falar de gañar a Copa ou de ir a Europa"
O adestrador repasa a actualidade do equipo vigués e recoñece que o primeiro obxectivo "é non sufrir como aconteceu nestes últimos anos"
Rafa Benítez ten no Celta un novo comezo: "O club está facendo moitas cousas ben e estar aquí é como volver á casa. Estanse sentando as bases para poder medrar e ese é o atractivo que ten o Celta para min".
Sempre nos inicio fálase de obxectivos e o técnico tenos claros: "O primeiro obxectivo é tratar de non sufrir como aconteceu o ano anterior e construír algo sólido e que che permita ir medrando. A xente pola rúa fálache da Copa, ou de ir a Europa ... É moi cedo para iso".
O adestrador tivo claro con quen tiña que falar: "Falei con Aspas porque é un referente e coñece todo. E como fala pouco xa che dí todo ao momento".
A canteira foi un dos factores vitais do Celta nos últimos tempos. Benítez sábeo pero "son xogadores con moito potencial pero debende deles. Si non son gañadores e competitivos dá igual que teñan calidade e talento".