Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa está "ben, esperto, consciente e xa fixo unha broma", dixo o cirurxián despois da operación

O papa está "ben, esperto, consciente e xa fixo unha broma", dixo o cirurxián despois da operación

O pontífice deberá permanecer algúns días ingresado e cancelou polo de agora todas as súas actividades

G24.gal 07/06/2023 19:02 Última actualización 07/06/2023 20:42

A operación de hernia abdominal á que foi sometido hoxe o papa Francisco no hospital Gemelli de Roma terminou sen complicacións, segundo confirmou o Vaticano.

"A intervención cirúrxica rematou. Desenvolveuse sen complicacións e durou tres horas", explica un conciso comunicado da Santa Sé, que polo momento non ofreceu máis detalles.

"O primeiro é que o papa está ben, creo que esa é a noticia que todos esperabamos. Está ben, esperto, consciente e xa fixo unha broma fai dez minutos", referiu o o cirurxián Sergio Alfieri nunha conferencia de prensa, inédita no pontificado de Francisco.

O pontífice, de 86 anos de idade, deberá permanecer algúns días ingresado e a Prefectura da Casa Pontificia, que xestiona a súa axenda, cancelou hoxe todas as súas actividades ata o próximo 18 de xuño.

Acto seguido, o papa foi trasladado ao apartamento pontificio do Gemelli, na décima planta, segundo avanzan os medios locais.

A intervención cirúrxica foi levada a cabo polo equipo do cirurxián Sergio Alfieri, que xa o operou hai dous anos do colon.

A operación foi considerada de urxencia despois dos resultados do TAC ao que se someteu onte, martes, e prodúcese despois da intervención de colon de xullo de 2021.

Trátase da terceira vez que o papa é internado no hospital romano, onde estivo ingresado tres noites a finais de marzo por “unha pulmonía aguda”.

O papa ademais sofre un problema no xeonllo dereito que o obriga a andar con bastón ou a desprazarse en cadeira de rodas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar