Resultado moi duro para o Celta C Gran Peña (0-1)
Resultado moi duro para o Celta C Gran Peña (0-1)
Cun home menos e un gol mal anulado, o Gran Peña terá que remontar no Helmántico
Partido moi disputado o que se estaba vivindo en Barreiro, ata que o árbitro decidiu mudar todo e deixar o Gran Peña cun home menos. Os dous equipos xogaban con calma, conscientes de que é unha eliminatoria a ida e volta, sen moitas ocasións tampouco, pero a expulsión de Jose Rivera cambiouno todo, deixou o Celta C Gran Peña moi tocado nunha primeira metade sen nada que contar.
Na segunda metade, tras a expulsión do xogador do Celta, o Salamanca comezou a levar o peso do partido, con posesións moi longas, pero sería nunha contra cando o dianteiro uruguaio Fassani anotou o 0-1. O golpe foi moi duro para o equipo vigués, que tentaba saír con transicións rápidas, pero os xogadores encontrábanse cansados polo esforzo de xogar cun home menos e non deron creado ningún perigo. A poucos minutos para o final, o árbitro volveu a ser protagonista, anulou un gol completamente legal ao Celta C por un fóra de xogo inexistente. O Celta C terá que remontar este 0-1 no Helmántico para lograr o ascenso.