Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rodrigo Corrales confirma a súa presenza nos xogos de París

Rodrigo Corrales confirma a súa presenza nos xogos de París

O cangués defenderá a porta da selección española a carón de Gonzalo Pérez de Vargas

G24.gal 07/07/2024 18:21

O porteiro cangués Rodrigo Corrales poderá vivir a súa segunda experiencia olímpica. Aos 33 anos foi elixido xunto a Gonzalo Pérez de Vargas para defender a porta da selección española nos Xogos Olímpicos de París. O terceiro porteiro, Serguey Hernández, non entra nos catorce elixidos aínda que tamén viaxará como un dos tres reservas por se hai algún tipo de lesión. 

Corrales xa estivo nos Xogos de Toquio (2021) cita na que conseguiu gañar a medalla de bronce. España intentará repetir o éxito de tocar un metal conscientes da competitividade e dificultade do evento. 

Os catorce que viaxan a París, ademais dos dous porteiros, son: Alex Dujshevabev, Ian Tarrafeta, Imanol García, Joan Cañellas, Agustin Casado, Daniel Dujshebaev, Aleix Gómez, Kauldi Odriozola, Miguel Sánchez Migallón, Daniel Fernández, Abel Sergio e Javier Rodríguez. Como reservas figuran Jorge Maqueda e Gedeón Guardiola. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos