Rubén de la Barrera asume o reto de clasificar O Salvador para o vindeiro mundial
Rubén de la Barrera asume o reto de clasificar O Salvador para o vindeiro mundial
O adestrador coruñés foi presentado como novo técnico do país centroamericano
O exadestrador deportivista Rubén de la Barrera foi presentado como seleccionador do Salvador. O técnico coruñés posou ante os medios coa camiseta da selección salvadoreña. De la Barrera, sen equipo desde o seu cesamento co Deportivo no pasado mes de xuño, comeza agora esta nova etapa con ilusión.
A súa estrea no banco da selección sera o próximo mes de outubro ante Martinica. O primeiro obxectivo será conseguir romper a mala xeira do combinado que non gaña desde xuño de 2022 e no longo prazo loitar por clasificar a selección para o vindeiro mundial, que será moi especial para a súa confederación. Os tres grandes da Concacaf son os organizadores: México, os Estados Unidos e O Canadá.