Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda reivindica o turismo como "oportunidade e non como ameaza"

Rueda reivindica o turismo como "oportunidade e non como ameaza"

O presidente da Xunta asiste á presentación do balance do plan 'Contigo no Camiño' de Cruz Vermella

G24.gal 28/08/2024 14:50

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ve no turismo unha "oportunidade" e asegura que o seu Goberno traballa en conseguir que os peregrinos escollan outras rutas máis alá do Camiño Francés e que veñan durante todo o ano. Díxoo na presentación do balance do plan 'Contigo no Camiño' que se celebrou este mércores no Monte do Gozo.

Dende hai catro anos voluntarios da Cruz Vermella apoian os peregrinos no Camiño Francés durante o verán. Dende xullo atenderon 1.500 persoas e non só lles prestaron asistencia sanitaria, se non tamén lles trasladan a importancia de coidar o medio ambiente e o valor do patrimonio cultural, segundo explicou a presidenta de Cruz Vermella Galicia, Mercedes Casanova.

A ONG quere leva este plan ás outras rutas xacobeas, obxectivo que comparte a Xunta. Alfonso Rueda explica que traballan en desestacionalizar a chegada de visitantes a Galicia. O presidente insiste en que o turismo aínda pode medrar de xeito sostible.

"Desde logo combater comportamentos incívicos e ter intelixencia. Que veñan os turistas todo o ano, que os peregrinos fagan outras rutas... todo iso é no que está a Xunta e toda a xente que ve no turismo unha oportunidade e nunca unha ameaza", dixo Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade