Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ruta polo Ourense cinematográfico

Ruta polo Ourense cinematográfico

O OUFF organiza tres percorridos distintos para dar a coñecer o potencial da provincia como plató de cine

G24.gal 30/09/2024 20:20 Última actualización 30/09/2024 20:39

Este luns tivo lugar a primeira ruta. Os participantes achegáronse á zona vella de Ourense, escenario de múltiples películas, e a Pazos de Arenteiro e Moldes, no concello de Boborás, onde se rodou parte de Elisa e Marcela e da Esmorga.

O mércores visitarán Esgos, Allariz e Celanova, ademais de percorrer novos espazos da cidade, e o venres a San Clodio, Ribadavia e Melón.

Trátase dunha iniciativa do Festival Internacional de Cine de Ourense coa que se pretende amosar a riqueza patrimonial e paisaxística da provincia inmortalizada na sétima arte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade