Publicador de contidos
Publicador de contidos

Santiago acolle a quinta proba do Campionato de España de Enduro

Santiago acolle a quinta proba do Campionato de España de Enduro

Se a proba en si xa sería dura, coas previsións meteorolóxicas a dificultade será maior aínda

G24.gal 17/11/2022 12:39 Última actualización 17/11/2022 12:42

Santiago de Compostela acolle esta fin de semana a quinta proba do Campionato de España de Enduro.

Será a quinta e última cita do calendario en que se decidirán moitos campións, cunha particularidade salientable, o último día de competición puntúa dobre na clasificación.

Ademais de Jorge Paradelo, outros galegos competirán tamén neste campionato, entre eles Abel Carballés, que loitará por rematar no podio na categoría E2 e Pablo García, que tentará facerse co título júnior.

En categoría feminina a proba conta co grande atractivo de ver en acción a subcampia do mundo Mireia Badia, que podería coroarse campioa de España por sétima vez.

Se a proba en si xa sería dura, coas previsións meteorolóxicas a dificultade será maior aínda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos