Publicador de contidos
Publicador de contidos

Scaloni será o convidado estelar no Memorial Arsenio Iglesias

Scaloni será o convidado estelar no Memorial Arsenio Iglesias

Este martes xoga o Deportivo na localidade natal de Arsenio coa presenza do seleccionador arxentino

G24.gal 31/07/2023 21:37

O Raposo de Arteixo terá o seu memorial este martes (18:00 horas) e xogarán o equipo da súa casa e o do seu corazón, o Deportivo. Tamén servirá para recibir a un fillo adoptivo da Coruña, o seleccionador arxentino campión do mundo Lionel Scaloni, que recibirá unha homenaxe antes do comezo do partido. 

Primeira oportunidade para que os seareiros vexan o novo proxecto deportivista, e unha boa proba antes de afrontar o Teresa Herrera, que poderán ver na G2. 

As novas fichaxes estarán no equipo de Imanol Idiákez e, se cadra, entre o público se atope Ximo Navarro, que será a vindeira fichaxe do cadro deportivista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade