Senra "Meira fíxome correr moito neste rali"
Senra "Meira fíxome correr moito neste rali"
O triunfo do dumbriés en Noia tivo unha adicatoria especial: o pai da súa parella, recentemente falecido
A segunda cita do ano no campionato autonómico viviu polas estradas do Barbanza unha loita ao segundo entre o actual campión e o seu gran rival esta temporada. O Rali de Noia decantouse por un Víctor Senra que analizou na Radio Galega a proba noiesa.
"Foi un rali durísimo. Todo día ao segundo con Albero Meira, que me fixo correr moitísimo, e que amosa o gran nivel que temos en Galicia, do que temos que estar orgullosos. Teño que felicitalo porque iso fainos mellores"
Ademáis de correr preto da súa casa natal, este rali Berberecho foi moi especial para Senra. Quxo adicarllo a unha persoal especial.
"Quería gañar porque era un rali que desexaba adicarllo a Sonia, a milla parella, que perdeu ao seu pai hai uns días. Tiña que gañar si ou si para adicarllo. Os afeccionados deben estar contentos porque están vendo un ritmo altísimo que moi poucas comunidades poden desfrutar"