Será a despedida de Gabri Veiga en Balaídos? "O interese por el é real"
Será a despedida de Gabri Veiga en Balaídos? "O interese por el é real"
Benítez recoñeceu a proposta do Nápoles e o canteirán podería xogar diante do Osasuna o último partido coa camisola do Celta
Ninguén no Celta esconde que o futuro de Gabri Veiga está lonxe do Celta. A proposta do Nápoles é moi próxima ás pretensións do equipo vigués (36 millóns + bonus) e diante do Osasuna podería ter a despedida. "O interese por el é real, o ideal é que a situación se resolva pronto" confesou Benítez.
Non ten moitas posibilidades de xogar de inicio porque "lle falta ritmo" pero podería despedirse de Balaídos o domingo.
A marcha de Veiga traería varias fichaxes aínda que non tantas como diñeiro vai deixar nas arcas do club celeste. "O control financieiro da Liga é moi estrito" dixo o técnico. "Posiblemente haxa 2-3 fichaxes, catro si hai algunha sorpresa".