Publicador de contidos

Publicador de contidos

Soriano celebra a súa renovación co seu partido oficial número 100 coa camiseta do Dépor

Soriano celebra a súa renovación co seu partido oficial número 100 coa camiseta do Dépor

Valora positivamente a continuidade de xogadores con proxección no equipo. "É moi bo para o club que xente nova teña contrato de longa duración e máis que esta xente estea xa participando no primeiro equipo"

Soriano non esconde que o equipo bota de menos a Lucas Pérez

Foto Deportivo
G24.gal 19/02/2025 12:57 Última actualización 19/02/2025 13:06

Cando Mario Soriano pise o céspede de Riazor o vindeiro domingo ante o Huesca sumará o seu partido oficial número 100 coa camiseta do Deportivo. Un centenario que non só fala da súa continuidade no equipo, senón tamén da súa influencia no xogo branco e azul desde a súa chegada en 2021.

O mediapunta de Alcalá de Henares foi unha figura clave nas súas dúas tempadas e media no club, pasando de ser unha nova promesa cedida polo Atlético de Madrid a converterse nunha peza indiscutible do proxecto coruñés, cun contrato que o vincula ata 2028. Valora positivamente a continuidade de xogadores con proxección no equipo.

“É moi bo para o club que xente nova teña contrato de longa duración e máis que esta xente estea xa participando no primeiro equipo e que teña esa importancia no club. Esa é a base dos clubs".

Un dos momentos clave da tempada foi a marcha de Lucas Pérez, cuxo peso no vestiario e no campo era indiscutible. Soriano non esconde que o equipo bótao de menos.

“Como todos sabemos, Lucas era un piar fundamental para o equipo e bótase de menos en todos os aspectos”.

 

A derrota en Elda non cambia o obxectivo do Deportivo, e Soriano insiste en que a clasificación segue aberta.

“Son só tres puntos. Se quedasen dous partidos, diríache o obxectivo ao que aspiramos, pero queda moito e unha serie de tres partidos pódeche meter abaixo ou arriba. Hai que seguir e afrontar o partido desta fin de semana que vai ser duro”

O mediapunta considera que o Huesca está “por méritos propios” na pelexa polo ascenso directo a Primeira División.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos