Óscar Gilsanz: "O obxectivo ambicioso é ser un equipo recoñecible e competitivo"
Dani Barcia é dúbida para xogar ante o Eldense na semana da súa renovación
Tras a sensacional vitoria da pasada fin de semana fronte ao Almería, o Deportivo mídese co Eldense este domingo ás 16:15 horas. Na súa visita a Elda, o cadro coruñés pode dar un importante paso adiante en canto aos seus obxectivos e deixar atrás de maneira case definitiva a zona de descenso.
Barcia e Patiño son dúbida para un encontro co que o Dépor buscará prolongar a súa boa dinámica de dous encontros consecutivos gañando. Así o confirmou un Óscar Gilsanz que falou na rolda de prensa previa ao encontro da situación do equipo e sobre a importancia de poñer o foco no día a día.
"Se pensamos que con 38 puntos hai algo definitivo..., pois non. O risco dos obxectivos a longo prazo é perder de vista o día a día".
"O obxectivo ambicioso é ser un equipo recoñecible, competitivo. Ser capaces de enfrontarnos a calquera".
Dani Barcia é dúbida para xogar ante o Eldense na semana da súa renovación
"A renovación de Barcia é unha alegría para todos. Temos central para moitos anos".