Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tapia, de transferible a poder renovar co Celta

Tapia, de transferible a poder renovar co Celta

“Anticípovos que estamos todos moi contentos con el”, dixo Rafa Benítez

G24.gal 04/01/2024 14:50 Última actualización 04/01/2024 14:55

Seis meses despois de ser declarado transferible pola dirección deportiva do R. C. Celta, o técnico Rafa Benítez abriu a porta á renovación do internacional peruano Renato Tapia, que finaliza contrato co club o próximo 30 de xuño.

“Anticípovos que estamos todos moi contentos con el”, dixo o adestrador.

 O ‘cabezón’, que encadea cinco partidos completos co Celta, é desde o pasado 1 de xaneiro axente libre para negociar a súa fichaxe por outro club, aínda que el nunca ocultou o seu desexo de alongar a súa estancia en Vigo, onde chegou no verán de 2020 procedente do Feyenoord.

De feito, o pasado verán xa bloqueou a súa saída ao Olympique de Marsella a pesar de que o Celta alcanzara un principio de acordo con o club francés para o seu traspaso. Esa situación contractual e a aposta por Fran Beltrán de Rafa Benítez convertérono nun actor secundario no arranque do curso –nas nove primeiras xornadas só disputou 42 minutos repartidos en catro partidos-, aínda que nos últimos meses recuperou o nivel que exhibise na súa primeira tempada en Balaídos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos