Cargando resultados...
Taylor Swift arrasa nos MTV Awards cos catro premios máis importantes
Shakira recibiu o premio a toda a súa carreira

G24.gal
13/09/2023 09:14
Taylor Swift arrasou nos Video Music Awards da MTV. A cantante estadounidense, de 33 anos, levou catro dos galardóns máis importantes da noite: mellor vídeo do ano, mellor canción, mellor canción pop e mellor dirección. Todos eles polo tema "Anti-hero", o seu último grande éxito. Swift convértese na primeira cantante que gaña o premio a mellor vídeo do ano ata en catro ocasións.
O outro nome propio da noite foi Shakira. A artista colombiana recibiu o premio a toda a súa carreira, un galardón que lles dedicou a todos os seus seguidores latinos.