Publicador de contidos
Publicador de contidos

Transportes adxudica por 33 millóns a modernización da liña de tren Vigo Guixar-Redondela

Transportes adxudica por 33 millóns a modernización da liña de tren Vigo Guixar-Redondela

A obras serán sobre 13 quilómetros de vía e inclúe a construción dun novo apeadoiro en Chapela, a construción e ampliación de plataformas en Redondela e Vigo e sistemas de seguridade, entre outros traballos

G24.gal 29/12/2024 13:53 Última actualización 29/12/2024 14:34

O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible adxudicou por 32,75 millóns de euros un contrato para modernizar a vía de tren entre as estacións de Redondela e Vigo Guixar, de 13 quilómetros, na provincia de Pontevedra.

A actuación, que executará Adif, inclúe a construción dun novo apeadeiro no barrio de Chapela, cunha plataforma de 220 metros, nunha localización próxima a un aparcamento e a unha pasarela peonil sobre as vías, segundo informa o Ministerio nun comunicado.

Na estación de Redondela vaise construír unha nova plataforma central, de maior lonxitude que a actual, tamén se vai aumentar a do resto e conectaranse todas cun novo paso inferior.

Na estación de Vigo-Guixar, despregaranse novos desvíos, aparellos que permiten aos trens cambiar dunha vía a outra, de maiores prestacións e prolongará a plataforma na cabeceira das vías para posibilitar a chegada e saída de trens de máis de 600 metros.

A actuación complétase con traballos no túnel de Vigo relacionados co reforzo da súa impermeabilización, revestimento e drenaxe, ata a adaptación do gálibo á futura nova electrificación; e con melloras en terrapléns, desmontes, drenaxes e outras infraestruturas da liña.

"Avanza así na modernización da denominada Liña do Miño, incluída a conexión Guillarei-fronteira portuguesa, á que destina un investimento global de 265 millóns de euros para adecuala ás esixencias do Corredor Atlántico e reforzar a conexión con Portugal, impulsando o tráfico de viaxeiros e mercadorías", salienta o Ministerio no comunicado,

Obras completadas

Transportes xa completou a renovación da plataforma da liña e a electrificación do tramo Guillarei-Tui e a ampliación a 750 m das plataformas das Gándaras.

Obras contratadas

O Ministerio de Transportes traballa actualmente na contratación da renovación de vía do tramo Redondela-Guillarei, despois de que recentemente se adxudicou, por 3,3 millóns de euros, os traballos que completan a remodelación da estación de Redondela e reforzan a súa accesibilidade con ascensores, equipamento do paso inferior, renovación de aseos e outras instalacións, e remodelación da praza de acceso.

Por outros 12,3 millóns de euros xa está contratada a adecuación da sinalización do tramo Redondela-Vigo Guixar á próxima modernización da súa electrificación e a súa integración no sistema de xestión de tráfico en remoto e tempo real.

Esta actuación conta con financiamento europeo a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Financiado pola Unión Europea-Next Generation.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade