Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trilli pagará a cláusula de 200.000 euros para ir ao filial do Barcelona

Trilli pagará a cláusula de 200.000 euros para ir ao filial do Barcelona

O lateral da canteira estaba considerado como un dos referentes do club para a vindeira temporada

G24.gal 11/07/2023 19:25

Fernando Soriano dixo en rolda de prensa que Trilli tiña que ser o Álex Bergantiños do futuro Deportivo. Pero tamén deixou entrever que había xogadores que podían coller a porta de saída acolléndose ás cláusulas que tiñan no seu contrato. 

O primeiro foi Mario Soriano, para xogar no Éibar. O segundo Trilli, que pagará a cláusula de 200.000 euros que figura no seu contrato e asinará co Barcelona. Para xogar co filial, que comparte grupo co Deportivo, pero tamén coa posibilidade de realizar adestramentos co primeiro equipo. 

Outra mala nova para un Deportivo, que está a quedar sen os referentes sentimentais que tiña no campo ben pola conexión coa bancada ou por saíren da fábrica de Abegondo. 

Os números de Trilli (20 anos) no seu primeiro ano como xogador sénior foron moi discretos. Como xuvenil xogara dez partidos como titular e a temporada pasada nin Borja Jiménez nin Óscar Cano confiaron no ferrolán. Só catro partidos como titular e a metade dos minutos dos que gozara na súa estrea co primeiro equipo. Iso fixo que Trilli elixise unha saída para mellorar deportivamente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade