Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trump: "Son moito máis guapo que Kamala Harris"

Trump: "Son moito máis guapo que Kamala Harris"

O candidato republicano asegura que a vicepresidenta ten "a risa dunha tola" e que é "unha lunática de esquerda radical"

G24.gal 18/08/2024 20:28 Última actualización 18/08/2024 21:03

Donald Trump continúa a arremeter contra Kamala Harris. Tras o aumento da popularidade da vicepresidenta dos Estados Unidos segundo indican as enquisas, o candidato republicano á Casa Branca está a utilizar diferentes descualificacións contra a candidata demócrata.

Trump definiuna nas últimas horas como "unha lunática de esquerda radical". O magnate utilizou tamén expresións como que "ten a risa dunha tola" e mesmo falou do seu aspecto físico dicindo que el é "moito máis guapo" que Kamala Harris.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade